Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para miniplanta de reciclaxe de materiais de construción.

Unkia, S.A., solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación de miniplanta de reciclaxe de materiais de construción, no polígono industrial O Morelle-parcelas 9-10, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este se poida examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 5 de xaneiro de 2012.

José Antonio García López
Alcalde