Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4582

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de información pública de local destinado a exposición e taller de tractores.

Comercial Agraria Martínez, S.L. solicitou neste concello licenza municipal para a apertura dun local destinado a exposición e taller de tractores, no parque empresarial A Raña, parcela 130, deste municipio, polo que, en cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente se somete a información pública por prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da aparición deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado na Secretaría deste concello e presentar as reclamacións que se consideren oportunas.

O Barco de Valdeorras, 5 de xaneiro de 2012.

Alfredo García Rodriguez
Alcalde