Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4581

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

ANUNCIO de licitación.

Por acordo da Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o día 9 de xaneiro de 2012, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares do procedemento aberto, cun só criterio de adxudicación, para o alleamento dun vehículo de propiedade do Concello de Barbadás, conforme ás seguintes características:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Barbadás (Ourense).

2. Obxecto: alleamento dun autobús eléctrico E-GO matrícula E-5078BFM, propiedade do Concello de Barbadás.

3. Tramitación: procedemento aberto cun só criterio de adxudicación.

4. Prezo do contrato. Prezo de saída: 16.700 € (dezaseis mil setecentos euros).

5. Garantías: non se exixe garantía provisional nin definitiva.

6. Requisitos xerais: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

7. Obtención de información: Departamento de Secretaría, Concello de Barbadás. Cimadevila, 1, 32890 Barbadás (Ourense). Tfno.: 988 36 00 00/01. Fax: 988 36 04 01.

8. Prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes deberán ser entregadas no Rexistro Xeral do Concello de Barbadás, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de quince (15) días naturais, contado desde o seguinte ao da publicación do último anuncio nos boletíns oficiais.

Cando se envíe a documentación por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día.

Barbadás, 10 de xaneiro de 2012.

José Manuel Freire Couto
Alcalde