Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4580

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de granxa de gando porcino.

En cumprimento do disposto no punto 3.º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente que se tramita por solicitude de Antonio García Lodeiro, para actividade de ampliación de granxa de gando porcino para cría de leitóns, situada na parroquia de Vizoño, neste termo municipal, durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edito no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia. O expediente está á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquel que se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que teña por convenientes.

Abegondo, 27 de decembro de 2011.

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde