Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4585

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana na zona do recinto feiral Semana Verde.

O Pleno, en sesión que tivo lugar o 29 de decembro de 2011, en cumprimento da normativa exposta, segundo o procedemento regulado nos artigos 85, 93 e 94 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, aproba este acordo:

1.º Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana: «Modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana. Volume 1 de 1. Novembro 2011», elaborado por Eptisa, asinado pola arquitecta Ana Bértalo Pérez. Será dilixenciado pola secretaria xeral para constancia do seu contido.

Xúntase documento de inicio de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana: «Modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana. Volume 1 de 1. Novembro 2011», elaborado por Eptisa, asinado pola arquitecta Ana Bértalo Pérez, (un volume, vinte e unha 21 follas a unha cara), que inclúe un CD «Modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana. Documento de inicio. Novembro 2011», dilixenciado pola secretaria xeral para constancia do seu contido segundo acordo do Pleno do 24 de novembro de 2011, en relación co cal consta o escrito da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 23 de decembro de 2011 (rex. entr. concello 26.12.2011, n.º 5621, e posteriormente enviado mediante oficio de remisión asinado polo subdirector xeral de Avaliación Ambiental da data 23.12.2011, rex. saída da consellería 23.12.2011, n.º 014342, e rex. entr. concello 28.12.2011, n.º 5675): «Decisión de non sometemento a avaliación ambiental estratéxica». Plan: modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana na zona do recinto feiral Semana Verde. Localización: parroquia de Santa Baia de Silleda. Órgano promotor: Concello de Silleda. Clave: 2011AAE1298).

2.º Proceder a realizar o trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos periódicos de mayor difusión na provincia.

Simultaneamente e durante o mesmo prazo darase audiencia aos municipios limítrofes. Non será necesaria a notificación do trámite de información pública ás personas propietarias de terreos afectados.

3.º Ao mesmo tempo que o trámite de información pública, solicitaranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios, que deberán ser emitidos no prazo máximo dun mes, salvo que a lexislación sectorial sinale outro plazo.

Segundo o informe técnico do arquitecto asesor do concello de data 29.12.2011 solicitaranse estes informes sectoriais ao Ministerio de Fomento. Seguridade aérea.

4.º Non suspender a concesión de licenzas no ámbito afectado por esta modificación puntual do planeamento xeral, suspensión a que se refire o artigo 77.2.º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, con base no informe técnico de arquitecto asesor do concello de data 29.12.2011.

5.º Cumpridos os trámites sinalados, o Pleno aprobará provisionalmente o contido do plan coas modificación que sexan pertinentes e someterao co expediente completo debidamente dilixenciado ao órgano autonómico competente para outorgar a aprobación definitiva (artigo 85.7.º e 8.º LOUG).

O expediente tramitado estará a disposición dos interesados, nas dependencias de Urbanismo do concello de Silleda, sitas na rua Alfonso Trabazo, 3, 1.º, en horario de nove da mañá a tres da tarde de luns a venres.

Silleda, 25 de xaneiro de 2012.

Paula Fernández Pena
Alcaldesa