Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4587

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2012, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se fai pública a formalización dos contratos que se citan.

Para os efectos dispostos no artigo 138 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización dos contratos seguintes:

– N.º de expediente: CGSIB/XSP-CONC/003/11.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: xestión do servizo público asistencial para a apertura e implantación inicial na provincia de Pontevedra de catro centros de día con área de influencia común como rede territorial conxunta integrada na rede de centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Importe de adxudicación: 1.466.026,00 €, exento de IVE.

Adxudicataria: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami).

Data de formalización do contrato: 13.12.2011.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: mellor oferta técnica das presentadas e cunha oferta económica axustada aos límites previstos nos pregos reitores da licitación.

– N.º expediente: CGSIB/XSP-CONC/004/11.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: xestión do servizo público asistencial para a apertura e implantación inicial na provincia de Ourense de catro centros de día con área de influencia común como rede territorial conxunta integrada na rede de centros do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 1.495.968,24 €.

Adxudicataria: Troncoso Casares, S.L.

Data de formalización do contrato: 13.12.2011.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: mellor oferta técnica das presentadas e cunha oferta económica axustada aos límites previstos nos pregos reitores da licitación.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar