Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: alimentación L.M.T.S., E.D.A.R. estrada Ferrol.
Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,420 km con orixe en cela modular de liña proxectada no C.T. Vilavella (expediente 379/05), condutor R.H.Z.1 12/20 kV-3(1×240 Al), e final en C.S. E.D.A.R. estrada Ferrol. Concello das Pontes de García Rodríguez.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 19 de xaneiro de 2012.
P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG núm. 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial