Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Portomarín (expediente IN407A 2011/78-2, 7916 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: retranqueo L.M.T. estrada LU-P-4902 (Vilaxuste-Portomarín).

Situación: concello de Portomarín.

Características técnicas:

Modificación no p.k. 1+754 da estrada LU-P-4902 (Vilaxuste-Portomarín).

– L.M.T.A. a 20 kV a C.T. caseta rural existente Castro Lázaro (27C639) con orixe no apoio de formigón existente n.º 21 e final no apoio de formigón existente n.º 22 da mencionada liña, cunha lonxitude de 49 metros en condutor LA-30.

Modificación no p.k. 1+700 da estrada LU-P-4902 (Vilaxuste-Portomarín).

– L.M.T.A. a 20 kV a C.T. intemperie existente Castro Lázaro (27AN65) con orixe no apoio de formigón existente n.º 21 e final no apoio de formigón existente n.º 21-A3 da mencionada liña, cunha lonxitude de 313 metros (entre condutor novo e a retensar) en condutor LA-56.

Modificación no p.k. 2+400 da estrada LU-P-4902 (Vilaxuste-Portomarín).

– L.M.T.A .a 20 kV a CC.TT. intemperie existentes Piunca (27AK36) e Vilaproi (27ª753) con orixe no apoio de celosía existente nº 6-1 e final no apoio de celosía proxectado n.º 6-2 da mencionada liña, cunha lonxitude de 163 metros en condutor tipo LA-56.

– L.M.T.A. a 20 kV a C.T. intemperie existentes Piunca (27AK36) con orixe no apoio de celosía proxectado n.º 6-2-2 e final no C.T. intemperie existente Piunca, cunha lonxitude de 133 metros (entre condutor novo a retensar) en condutor tipo LA-30.

– L.M.T.S. a 20 kV a C.T. intemperie existentes Piunca (27AK36) con orixe no paso aéreo a soterrado no apoio de celosía proxectado 6-2 e final no paso aéreo a soterrado no apoio de celosía proxectado 6-2-2, cunha lonxitude de 166 metros en condutor R.H.Z.1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 9 de xaneiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo