Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2011255SEA, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 7 de decembro de 2011, a Xefatura Territorial da Coruña ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2011255SEA, incoado a Dongwei Zhuang.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Dongwei Zhuang o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/da, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2012.

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

N.º de expediente: 2011255SEA.

Interesada: Dongwei Zhuang.

DNI/NIF/CIF: X5258729D

Último enderezo coñecido: Os Tornos, 22, 15011 A Coruña.

Instrutor: Pedro Pablo Lorenzo Díaz.

Secretaria: María Luisa Tasende Martínez.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (artigos 6, 50.1.d) e e), 51.1 parágrafos 3.º, 4.º, 10.º e 11.º).

Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (artigos 17, 18 e 19).

Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, sobre normas xerais de etiquetaxe, presentación e publicidade de produtos alimenticios (artigos 5, 17.1.b), 17.2, 17.5 e artigo 18).

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios (anexo II, capítulos I e II).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 5.000 € (cinco mil euros).