Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4305

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 25 de xaneiro de 2012 pola que se nomean os vogais do Consello Reitor do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

A Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, no seu artigo 31, establece que se creará o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio coa natureza, fins e medios que se establezan na súa lei reguladora. Consecuencia do mandato legal citado, a través da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, créase o Instituto de Estudos do Territorio, e disponse a súa adscrición á consellería competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

Mediante o Decreto 244/2011, do 29 de decembro (DOG número 1, do 2 de xaneiro de 2012), apróbase o estatuto do Instituto de Estudos do Territorio, configurándoo como un organismo autónomo que ten por obxecto a análise, o estudo e o asesoramento en materia de urbanismo e ordenación do territorio, entendéndose comprendida nela a ordenación, a protección e a xestión da paisaxe.

Segundo a disposición adicional primeira do decreto citado, a constitución do Instituto de Estudos do Territorio prodúcese coa realización da sesión constitutiva do Consello Reitor, órgano colexiado de goberno, integrado pola Presidencia (que lle corresponde ao conselleiro), a Vicepresidencia (que exercerá a persoa titular da Dirección do Instituto de Estudos do Territorio), sete vogais e unha secretaría.

Os vogais son designados polas persoas titulares das consellerías competentes en materia de administracións públicas (1), facenda (1), medio rural e do mar (1), representación dos concellos (1), representación de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (3), e o seu nomeamento correspóndelle á persoa titular da consellería competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

Por esta razón, unha vez feitas as ditas designacións polas consellerías respectivas, cómpre facer o seu nomeamento, que para xeral coñecemento se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Por todo isto, consonte as atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Nomear vogais do Consello Reitor do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio as seguintes persoas:

a) En representación da consellería con competencias en materia de medio ambiente, territorio e infraestruturas:

Vogais titulares:

• María Encarnación Rivas Díaz, secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

• Ethel María Vázquez Mourelle, directora da Axencia Galega de Infraestruturas.

• Francisco Menéndez Iglesias, presidente de Augas de Galicia.

Vogais suplentes:

• Eduardo Sobrino Rodríguez, subdirector xeral de Urbanismo.

• Héctor Presas Veiga, xefe de Servizo de Planificación e Programación.

• Susana Vázquez Romero, secretaria xeral de Augas de Galicia.

b) En representación da consellería con competencias en materia de Administración pública:

• Vogal titular: José Norberto Uzal Tresandí, director xeral de Administración local.

• Vogal suplente: Ramón Quiroga Limia, subdirector xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais.

c) En representación da consellería con competencias en materia de facenda:

• Vogal titular: José María Barreiro Díaz, director xeral da Función Pública.

• Vogal suplente: Víctor Gallego Víncent, subdirector xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais.

d) En representación da consellería con competencias en materia de medio rural e do mar:

• Vogal titular: Antonio Crespo Iglesias, director xeral de Desenvolvemento Rural.

• Vogal suplente: José Álvarez Robledo, director xeral do Fogga (Fondo Galego de Garantía Agraria).

e) En representación dos concellos:

• Vogal titular: José Manuel López Varela, alcalde da Laracha.

• Vogal suplente: José Manuel Chapela Seijo, director xeral da Fegamp.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2012.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas