Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4215

III. Outras disposicións

Tribunal Galego de Defensa da Competencia

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello Galego da Competencia no terceiro cuadrimestre de 2011.

Para os efectos do previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño), acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración asinados por este organismo autónomo no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

Os devanditos convenios relaciónanse no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.

Francisco Hernández Rodríguez
Presidente do Consello Galego da Competencia

ANEXO

Convenio

Sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre o Consello Galego da Competencia e o Instituto Galego de Consumo para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación de mercados

18.10.2011

0,00 €