Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4216

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2011 pola que se corrixe o erro advertido na Resolución do 25 de outubro de 2011 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa.

Unha vez publicada a Resolución do 25 de outubro de 2011 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa (DOG núm. 225, do 24 de novembro de 2011, páxinas 34751 a 34752), esta reitoría resolve ordenar a publicación dunha corrección de erros do citado plan de estudos.

Apartado 3. Contido do plan de estudos, nas materias/disciplinas:

– Xénese e evolución do sistema educativo en Galicia no período contemporáneo.

Onde di: «organización temporal: 1.º cuadrimestre».

Debe dicir: «organización temporal: 2.º cuadrimestre».

– Reformas e innovacións educativas: entre a política educativa e a práctica escolar.

Onde di: «organización temporal: 2.º cuadrimestre».

Debe dicir: «organización temporal: 1.º cuadrimestre».

A Coruña, 24 de novembro de 2011.

José María Barja Pérez
Reitor da Universidade da Coruña