Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4217

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2011 pola que se corrixe o erro advertido na Resolución do 27 de outubro de 2011 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Ciencias Documentais no Contorno Dixital.

Unha vez publicada a Resolución do 27 de outubro de 2011 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Ciencias Documentais no Contorno Dixital (DOG núm. 225, do 24 de novembro de 2011, páxinas 34759 a 34760), esta reitoría resolve ordenar a publicación dunha corrección de erros do citado plan de estudos.

Número 3. Contido do plan de estudos.

– Módulo: común e obrigatorio.

A materia: xornadas sobre tendencias actuais.

– Módulo: de arquivos.

As catro materias que o compoñen.

Onde di: «organización temporal: 1.º cuadrimestre».

Debe dicir: «organización temporal: 2.º cuadrimestre».

A Coruña, 30 de novembro de 2011.

José María Barja Pérez
Reitor da Universidade da Coruña