Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4264

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 13 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que se notifica o trámite de audiencia do expediente IN841C-2009/69, devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentar sen éxito o trámite de audiencia previo á resolución de revogación correspondente ao expediente IN841C-2009/69 no último domicilio social coñecido da entidade AA Solar Fotovoltaica, S.L., procédese á súa notificación por medio de anuncio no taboleiro do concello do último domicilio social coñecido e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, reprodúcese integramente o texto do trámite de audiencia:

«AA Solar Fotovoltaica, S.L.

Vía Edison, 52-1.º

15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

Asunto: trámite de audiencia.

En relación co proxecto titulado Aeroxerador Eólico (IN841C 2009/69), subvencionado a esa entidade por Resolución da Consellería de Economía e Industria do 3 de decembro de 2009 (DOG núm. 245, do 17 de decembro), pola que se adxudican as axudas para o fomento da investigación e a innovación empresarial, convocadas pola Orde do 22 de xullo de 2009 (DOG núm. 95, do 18 de maio), modificada pola Orde do 19 de novembro de 2009 (DOG núm. 232, do 26 de novembro) e pola corrección de erros do 5 de agosto (DOG núm. 152), comunícaselle o seguinte:

1. A Orde do 22 de xullo establece no artigo 19.2 que a entidade solicitante debe facer constar que opta pola modalidade de pagamento anticipado na solicitude de subvención e condicionarase ao cumprimento dos requisitos recollidos para tal fin para os beneficiarios na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A citada orde indica, no punto 2.b do artigo 19, para os proxectos plurianuais, que na primeira anualidade se anticipará ata o 100 % do importe da subvención concedida para esa anualidade no momento da resolución de concesión e unha vez presentada a súa aceptación. Establece, así mesmo, para as restantes anualidades que, no caso de que a xustificación da anualidade anterior fose insuficiente e dese lugar a unha minoración da subvención, o importe minorado detraerase do importe desta anualidade.

3. O anexo III das bases reguladoras para a concesión das subvencións para a realización de proxectos de innovación indica no punto 1 do artigo 7 que, para xustificar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar a documentación nos prazos indicados no artigo 18 da convocatoria (31 de decembro de 2009 para a primeira anualidade e 31 de outubro de 2010 para a segunda e derradeira anualidade).

4. A entidade presentou unha solicitude para participar no procedemento de concesión das subvencións en tempo e forma, sinalando a modalidade de pagamento anticipado na dita solicitude. Por Resolución do 3 de decembro de 2009, a dita entidade foi beneficiaria dunha axuda en relación co proxecto titulado Aeroxerador Eólico (IN841C 2009/69), segundo se indica a continuación:

Custo subvencionable

95.224 €

Subvención

23.806 €

Porcentaxe

25%

Anualidade

2009

2010

2011

Custo subvencionable (€)

15.680

79.544

0

Subvención (€)

3.920

19.886

0

5. O artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece que son obrigas dos beneficiarios das axudas, entre outras:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar, ante o órgano concedente ou a entidade colaboradora, de ser o caso, o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.

6. Aínda que a entidade indicaba na súa solicitude a modalidade de pagamento anticipado, non se efectuou o pagamento correspondente ao anticipo da anualidade 2009 (3.920 €), debido á falta de documentación no momento da súa tramitación (aceptación da subvención e certificación do número de conta bancario).

7. Con data do 30 de decembro de 2009, presentou documentación para a xustificación do gasto realizado correspondente á primeira anualidade do mencionado proxecto (2009).

8. Logo de solicitude feita desde esta consellería, a entidade presentou documentación complementaria para a comprobación material do cumprimento da finalidade que determinou a concesión da subvención, quedando a documentación correspondente á primeira anualidade completa.

9. Con data do 29 de abril de 2010, unha vez comprobada a documentación xustificativa da realización do gasto, contabilizouse a proposta de pagamento correspondente á anualidade do ano 2009 do mencionado proxecto por importe de 3.920 €.

10. Con data do 5 de maio de 2010, comunícaselle á entidade o estado da xustificación do custo subvencionable na anualidade 2009, lembrándolle que para ter dereito a percibir o importe correspondente ao pagamento da segunda anualidade deberá presentar a documentación indicada no artigo 18 da Orde do 22 de xullo de 2009 na data límite do 31 de outubro de 2010.

11. Con data do 2 de decembro de 2010, requíreselle a documentación xustificativa para o libramento da subvención correspondente á anualidade 2010. Logo de solicitar un enderezo postal novo, o 19 de xaneiro de 2011, vólveselle requirir a documentación antes mencionada.

12. Tendo en conta que a entidade non presentou a documentación xustificativa correspondente á segunda e derradeira anualidade e, consecuentemente, non se acreditou correctamente o cumprimento da finalidade que determinou a súa concesión, procede iniciar resolución de revogación da subvención para deixar sen efecto a Resolución do 3 de decembro de 2009 (DOG núm. 245, do 17 de decembro), pola que se adxudican as axudas para o fomento da innovación empresarial do procedemento IN841C, convocadas pola Orde do 22 de xullo de 2009 (DOG núm. 148, do 30 de xullo), e pola que se concedía unha subvención total repartida en dúas anualidades (2009 e 2010) de 23.806 € á entidade AA Solar Fotovoltaica, S.L., para a realización do proxecto de innovación titulado Aeroxerador Eólico (IN841C 2009/69); así como iniciar o procedemento de reintegro do pagamento correspondente á primeira anualidade que ascendía a 3.920 €».

Por todo o indicado anteriormente, e antes de proceder a ditar a citada resolución, de acordo co establecido no artigo 84.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle un prazo de 10 días hábiles para realizar as alegacións que consideren pertinentes.

O que se notifica por medio de anuncio para o seu coñecemento e para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

Ricardo Capilla Pueyo
Director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación