Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 25 de novembro de 2011, da Xefatura da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa por parte da Confraría de Pescadores de Cedeira.

J. Agustín Pérez Pernas, en calidade de patrón maior da Confraría de Pescadores de Cedeira, presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa para a ocupación da casa do pescador de Cedeira con destino a usos múltiples en zona de dominio público portuario de Cedeira.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 110 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral (BOE núm. 284, do 27 de novembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz n.º 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 25 de novembro de 2011.

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte de Portos de Galicia