Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de novembro de 2011 polo que se somete a información pública a oferta seleccionada para tramitar unha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario para a explotación de instalacións náutico-recreativas no porto de Sada (expediente 12-13-10-C-5).

Mediante Resolución do 12 de abril de 2011 convócase o procedemento aberto para seleccionar, polo sistema multicriterio, unha oferta co obxecto de tramitar unha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario para explotación de instalacións náutico-recreativas no porto de Sada. O dito procedemento aberto foi adxudicado por resolución do presidente de Portos de Galicia o pasado 4 de novembro, e a entidade adxudicataria foi Puerto Deportivo Sada, S.L.

Con base no disposto na cláusula décimo terceira G. Tramitación da concesión do prego de bases do procedemento aberto, e do artigo 85 Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos e da mariña mercante, procede someter a solicitude a información pública.

Polo exposto nos parágrafos anteriores faise público o expediente correspondente á solicitude da concesión, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos e da mariña mercante, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa 5 A-6.º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2011.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia