Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2012 pola que se notifica a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no procedemento administrativo sancionador con número de referencia sanc. 12-13-11-14.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á denunciada Interm y Exporta Vinos y Derivados, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Prim, 3, 06200 Almendralejo (Badajoz), mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 28 de novembro de 2011 acordou desestimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 18 de maio de 2011 recaída no procedemento administrativo sancionador con número de referencia sanc. 12-13-11-14.

A citada resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ante o xulgado do contecioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela, ou recurso potestativo de reposición perante a Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Para os efectos de coñecemento do contido íntegro do mencionado acto e constancia de tal coñecemento, o interesado poderá comparecer nas dependencias de Portos de Galicia, situadas no polígono das Fontiñas-praza Europa, 5A-6.º (Santiago de Compostela), entre as 9.00 e as 14.00 horas.

E para que conste e lle sirva de notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia