Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 4032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de decembro de 2011 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/174/2011 e a orde de suspensión de obras ditada no expediente IU3/192/2011, devoltos polo órgano notificador por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o 15 de novembro de 2011, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Pablo Pérez Iglesias, en calidade de promotor, por obras realizadas en solo de núcleo rural, sen a preceptiva licenza urbanística municipal, consistentes na construción dunha planta baixocuberta, novo forxado e piares na planta primeira dunha vivenda unifamiliar existente en Lugar de Arriba 6, Barbantes, no termo municipal de Punxín. Así mesmo, a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 15 de novembro de 2011, resolución pola que se ordena a Pablo Pérez Iglesias a suspensión inmediata das citadas obras.

Ao non poderse realizar a notificación persoal dos devanditos acordos, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícanselle ao interesado as devanditas resolucións.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, os actos non se publican na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro de ambos os acordos que se notifican encóntranse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

En relación co acordo de incoación, o interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística