Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 4030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2012 pola que se fai pública a formalización, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, do contrato do servizo consistente na explotación e mantemento dunha rede de control de calidade das augas e verteduras ao dominio público hidráulico (Rede Cave).

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolve dar publicidade á formalización da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: OH088315SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://augasdegalicia.xunta.es/gl/contratacion.htm

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: explotación e mantemento dunha rede de control da calidade das augas e verteduras ao dominio público hidráulico (Rede Cave).

c) CPV: 72315200-8, 72267000-4, 45259000-7.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, núm.142.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 26 de xullo de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.311.760,80 euros.

5. Orzamento base de licitación: 655.880,40 euros + 118.058,47 euros = 773.938,87 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25 de novembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 2 de xaneiro de 2012.

c) Contratista: AFC Ingenieros, S.A.

7. Importe ou canon de adxudicación. Importe base: 595.539,41 euros. Importe total: 702.736,50 (IVE incluído)

a) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa técnica e economicamente.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia