Rematado o prazo fixado pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 22 de novembro de 2011 (DOG número 229, do 30 de novembro) pola que se fan públicas as listaxes provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, corrixidos os erros materiais e vistas as alegacións formuladas polas/os interesadas/os, a Comisión Permanente Central, na xuntanza do 20 de decembro de 2011, acordou elevar a listaxe definitiva á Dirección Xeral da Función Pública.
Esta dirección xeral, de conformidade co previsto no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar as listaxes definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I desta resolución, así como para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II, coa indicación das puntuacións definitivas resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
As listaxes atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.
As listaxes indican:
– Os solicitantes admitidos na listaxe con indicación da puntuación.
– Os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.
Segundo. As listaxes entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Os/as solicitantes excluídos/as disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, achegando, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.
Cuarto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2012.
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
Grupo |
Corpo/escala |
Denominación |
A1 |
2060 |
Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia |
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios |
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos/as |
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros/as agrónomos |
A1 |
2068 |
Escala de biólogos/as |
A1 |
2069 |
Escala de químicos/as |
A1 |
206K |
Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A1 |
206L |
Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A1 |
206M |
Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos |
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos |
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as industriais |
A1 |
2065 |
Escala de enxeñeiros/as de minas |
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros/as de montes |
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos/as |
A1 |
2080 |
Escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións |
A1 |
2093-01 |
Escala de profesores/as numerarios. Especialidade en dereito |
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores/as numerarios. Especialidade en procesos de cultivo acuícola |
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores/as numerarios. Especialidade en navegación marítima |
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores/as numerarios. Especialidade en pesca marítima |
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores/as numerarios. Especialidade en inglés marítimo |
A2 |
2051 |
Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia |
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos forestais |
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
A2 |
206I |
Inspección turística |
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A2 |
206X |
Escala técnica de inspección de consumo |
A2 |
210B |
Escala de subinspección urbanística |
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos agrícolas |
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatística |
A2 |
2097 |
Escala de axentes de extensión pesqueira |
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos/as técnicos |
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas |
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais |
A2 |
2076 |
Escala de topógrafos/as |
A2 |
2079 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos de minas |
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Xunta de Galicia |
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
C1 |
2081 |
Escala de delineantes |
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Xunta de Galicia |
C2 |
2054 |
Escala de axentes forestais |
2055 |
Agrupación profesional |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
002 |
Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a |
I |
004 |
Titulado/a superior |
I |
006 |
Titulado/a superior psicólogo/a |
I |
011 |
Titulado/a superior pedagogo/a |
I |
014 |
Titulado/a superior sociólogo/a |
I |
018 |
Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior) |
I |
019 |
Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior famacéutico/a |
I |
023 |
Documentalista |
I |
027 |
Coordinador/a de actividades externas |
I |
029 |
Xefe/a departamento Persoal e Xestión Económico-Administrativa do IGAEM |
I |
030 |
Relacións públicas do IGAEM |
I |
031 |
Titulado/a superior de formación ocupacional |
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte |
II |
001 |
Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva. |
II |
002 |
ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE |
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
II |
006 |
Educador/a, profesor/a especial |
II |
007 |
Titulado/a grao medio |
II |
008 |
Director/a de gardaría infantil |
II |
011 |
Fisioterapeuta |
II |
017 |
Asistente social |
II |
020 |
Terapeuta ocupacional |
II |
021 |
Monitor/a ocupacional |
II |
027 |
Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio) |
II |
031 |
Restaurador/a |
II |
037 |
Titulado/a medio/a formación ocupacional |
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil |
III |
002 |
Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2.ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG |
III |
003 |
Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a |
III |
004 |
Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar |
III |
005 |
Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén |
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios |
III |
011 |
Encargado/a agrario/a |
III |
012 |
Mestre/a de taller |
III |
014 |
Xefe/a de cociña |
III |
017 |
Analista de laboratorio |
III |
023 |
Celador/a de estradas. Capataz de brigada |
III |
030 |
Programador/a |
III |
034 |
Especialista de oficios (debuxante) |
III |
040 |
Axudante/a de produción |
III |
050 |
Técnico/a especialista xardín de infancia |
III |
060 |
Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE |
III |
063 |
Oficial 1.ª condutor/a, condutor/a 1.ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a |
III |
064 |
Oficial 1.ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada |
III |
065 |
Oficial 1.ª cociña, oficial 1.ª cociñeiro/a, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1.ª |
III |
067 |
Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1.ª obra COTOP. Capataz |
III |
069 |
Oficial servizos técnicos, oficial 1.ª mantemento, oficial 1.ª oficios varios, oficial de primeira |
III |
078 |
Subgobernante/a |
III |
080 |
Capataz de establecemento |
III |
090 |
Animador/a sociocultural |
III |
091 |
Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores) |
III |
097 |
Auxiliar de son |
III |
102 |
Encadernador/a |
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
IV |
001 |
Auxiliar gravación. Oficial 2.ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2.ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar |
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial 2.ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras |
IV |
003 |
Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a |
IV |
004 |
Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado |
IV |
005 |
Oficial 2.ª cociña, cociñeiro/a oficial 2.ª |
IV |
006 |
Axudante/a servizos técnicos. Oficial 2.ª mantemento |
IV |
007 |
Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación |
IV |
009 |
Oficial 2.ª agrario/a |
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio |
IV |
016 |
Condutor/a |
IV |
017 |
Almaceneiro/a, despenseiro/a |
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
IV |
021 |
Oficial 2.ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría |
IV |
023 |
Mestre/a gaiteiro/a |
IV |
025 |
Cargador/a. Tremoieiro/a |
IV |
028 |
Auxiliar produción-dirección |
IV |
030 |
Auxiliar formación ocupacional |
IV |
031 |
Legoeiro/a |
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas |
IV |
036 |
Auxiliar de museos |
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
V |
001 |
Camareiro/a-limpiador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a |
V |
002 |
Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín |
V |
003 |
Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xurado |
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais |
V |
10E |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
V |
10F |
Peón/oa forestal |
V |
011 |
Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais |
V |
012 |
Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno/a |
Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención
e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
038 |
Técnico superior de defensa contra incendios forestais |
II |
039 |
Técnico forestal de defensa contra incendios forestais |
III |
100 |
Xefe/a de cuadrilla de defensa contra incendios forestais |
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais |
IV |
033 |
Condutor/a motobomba de defensa contra incendios forestais |
IV |
037 |
Oficial 2.ª mecánico de defensa contra incendios forestais |
V |
10A |
Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais |
V |
10B |
Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais |
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais |
V |
014 |
Peón/a de defensa contra incendios forestais |
V |
14A |
Peón/a condutor de defensa contra incendios forestais |