Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 3965

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, pola que se fan públicos diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 19 de xaneiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 34, 72 e 87, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva número 101, 102 e 103.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. Que, de acordo co establecido na base II.1.1.1 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en corenta e tres (43) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na mesma base, para os dous sistemas de acceso.

Cuarto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Quinto. Que, de acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2012.

Roberto Arias Sánchez
Presidente do tribunal