Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3895

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2012 polo que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia no segundo semestre de 2011.

A Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega dispón que os organismos autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar no Diario Oficial de Galicia os convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo exposto, e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación de convenios subscritos polo organismo autónomo Augas de Galicia nos meses de xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro de 2011 e que se xuntan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2012.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Convenio

Contido económico

Sinatura

Addenda n.º 1 ao convenio subscrito pola sociedade estatal Aguas de las Cuencas del Norte, S.A., o concello de Monforte de Lemos, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e o organismo autónomo Augas de Galicia para a construción e explotación da actuación, ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos.

Sen contido económico

26.7.2011

Addenda n.º 1 ao convenio subscrito pola Xunta de Galicia, organismo autónomo Augas de Galicia e o concello de Vigo con Aguas de las Cuencas del Norte, S.A. como usuarios da actuación hidráulica saneamento de Vigo.

Sen contido económico

11.11.2011