Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3894

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 15 de decembro de 2011 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2012.

Advertido un erro no artigo 9 da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 10, do luns 16 de xaneiro de 2012, cómpre facer a oportuna corrección:

– Na páxina 2512, onde di: «Na parte teórica a nota formarase de acordo coa expresión: número de respostas correctas (número de respostas incorrectas/3)», debe dicir: «Na parte teórica a nota formarase de acordo coa expresión: número de respostas correctas - (número de respostas incorrectas/3)».