Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3896

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de xaneiro de 2012 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

A Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o primeiro exercicio o día 21 de decembro de 2011, tendo en conta diversas cuestións relacionadas coa organización do segundo exercicio e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador do proceso, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe ningún recurso, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda