Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3933

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de reparación de maquinaria agrícola.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente n.º AC-133/11-4977, que se tramita neste concello por instancia de Forcarei Motor, S.L., para a legalización de nave dedicada a taller de reparación de maquinaria agrícola, no lugar de Casetas (Forcarei), neste termo municipal. Durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última das publicacións deste edicto que se farán unha no Boletín Oficial da provincia (BOP) de Pontevedra, e outra no Diario Oficial de Galicia (DOG), o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquelas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Forcarei, 2 de xaneiro de 2012.

Belén Cachafeiro Anta
Tenente alcalde