Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de asistencia técnica á dirección das obras da nova lonxa no porto de Ribeira, suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 138.2 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo: servizo de asistencia técnica á dirección das obras da nova lonxa no porto de Ribeira.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14549

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de asistencia técnica á dirección das obras da nova lonxa no porto de Ribeira.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 243.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 21 de decembro de 2010.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato.

517.120 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 517.120 euros. Importe total: 610.201,60 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16 de novembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 3 de xaneiro de 2012.

c) Contratista: Iceacsa Consultores, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 420.625,41 euros. Importe total: 496.337,98 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia