Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 5 de decembro de 2011, da Zona Centro, polo que se somete á información pública a adxudicación a Soto Lavado Engrase y Neumáticos, S.L. do concurso para a tramitación dunha nova concesión administrativa de ocupación de terreos, obras e instalacións de dominio público portuario no porto de Rianxo, para as instalacións de subministración de combustible (expediente 12-55-10-C-1).

Seleccionada a oferta de Soto Lavado Engrase y Neumáticos, S.L., no procedemento aberto e sistema multicriterio para a tramitación dunha concesión administrativa de terreos de dominio público portuario do porto de Rianxo para instalacións de subministración de combustible, segundo o proxecto de execución de instalacións de subministración de combustible a embarcacións no porto de Rianxo e o proxecto de execución de instalacións de subministración de combustible a vehículos no porto de Rianxo, asinados polo enxeñeiro industrial Ángel Delgado Cid.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 110 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral, (BOE n.º 284, do 27 de novembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1.º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición no web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 5 de decembro de 2011.

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia