Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3934

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO sobre a publicación das bases de selección para cubrir unha praza de médico/a-responsable do servizo da Unidade Asistencial de Drogodependencias.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP n.º 243, do 21 de decembro de 2011) procedeuse á publicación das bases de selección para a provisión definitiva do posto de médico/a-responsable do servizo que figura no cadro de persoal como persoal laboral fixo, grupo A, subgrupo A1, para adscribilo á Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello do Porriño. O sistema selectivo é o de oposición libre.

Mediante este anuncio convócanse as probas selectivas para a cobertura da praza anteriormente descrita e faise saber que o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O Porriño, 4 de xaneiro de 2012.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde