Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3913

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Pontevedra

EDICTO (92/2011).

María Remedios Albert Beneyto, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 92/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Augosto Teixeira Cardoso contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Alturmeta, Lda. sobre despedimento, foi ditado auto do 21.11.2011, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Únase o anterior escrito do sr. Carballo Jardón e déase traslado ás partes. Acórdase despachar orde xeral de execución de sentenza a favor da parte executante, Fernando Augosto Teixeira Cardoso, contra o Fondo de Garantía Salarial, Alturmeta, Lda., parte executada, polo importe de 30.313,80 euros en concepto de principal, máis outros 3.050 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte executada se poida opor ao despacho de execución nos termos previstos no artigo 556 da LAC e no prazo de dez días contados desde o seguinte á notificación deste auto e do decreto que se dite.

Así o acorda e asina SS.ª. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación en forma a Alturmeta, Lda. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. En Pontevedra o vinte e un de novembro de dous mil once.

A secretaria xudicial