Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3911

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (925/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Antonio Agra Barreiro contra Julio Francisco Kars, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 925/2009, se ditou a seguinte sentenza:

«Sentenza 606/2011.

Na cidade da Coruña, 30 de novembro de 2011.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha, e como demandante, Antonio Agra Barreiro, que comparece representado polo letrado José Páramo Sureda, e doutra, como demandado, Julio Francisco Kars, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma.

Resolvo que, estimando a demanda formulada por Antonio Agra Barreiro contra Julio Francisco Kars, S.L., condeno a empresa a aboarlle a cantidade de 8.829,13 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado, co número 1533.0000.65.0925.09, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0925.09, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Julio Francisco Kars, S.L., expido esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de decembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado