Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (722/11).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento seguido por instancia de Alfredo Ginzo Wilkins contra a empresa Cath Tapea, S.L. sobre despedimento rexistrado co n.º 722/11, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza 656/11.

Na Coruña, dezanove de decembro de dous mil once.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, despois de ver o presente despedimento/cesamentos en xeral 722/2011 entre partes, dunha comparece o demandante Alfredo Ginzo Wilkins asistido do seu letrado Antonio Pousa Merens e doutra, como demandada, a empresa Cath Tapea, S.L., que non comparece,

Decido:

1.º Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Alfredo Ginzo Wilkins contra a empresa Cath Tapea, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á escolla da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución, todo isto con aboamento, calquera que for a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2.º A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 2.138,33 € (dous mil cento trinta e oito con trinta e tres céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde o 15 de xullo de 2011, calculados a razón de 40,73 €/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 6.395,13 euros.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta no Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co núm. 1533 0000 65 0722 11 demostrando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, ter consignado na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533 0000 60 0722 11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza definitivamente xulgando».

E para que sirva de notificación a Cath Tapea, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de decembro de 2011.

O secretario xudicial