Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3908

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (187/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 187/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carolina Torreiro García contra a empresa María Carmen Ortega Campos (Café Ribadín), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que estimando a demanda interposta por Carolina Torreiro García, con DNI 48110636-H, contra a empresa María Carmen Ortega Campos, debo declarar e declaro que procede, e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante a suma de 2.164,96 euros.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso de suplicación, pois a contía litixiosa da reclamación no excede os 3.000 euros (artigo 191.2.g) da Lei de procedemento laboral).

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a María Carmen Ortega Campos (Café Ribadín), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto de comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado