Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2012 Páx. 3914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos PO-332/11.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, á cal non se lle puido facer por correo certificado, a resolución ditada no expediente de multa por infracción en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra esta resolución o interesado poderá interpor recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no dito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Caixa Galicia, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 23 de decembro de 2011.

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º exp.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

Tito Castro Guerra

76808631-Q

PO-332/11

Artigo 23-o) en relación co 26-e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Rodo,11-2.º dta.

36500 Lalín

Multa de 1.800 € e 1 mes de suspensión de licenza municipal de apertura