Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2012 pola que se fai pública a formalización, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, do contrato do servizo consistente na realización do apoio técnico a Augas de Galicia en materia de supervisión técnica e tramitación ambiental e administrativa de proxectos nas provincias de Ourense e Pontevedra.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolve dar publicidade á formalización da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: OH088304SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://augasdegalicia.xunta.es/gl/contratacion.htm

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: apoio técnico a Augas de Galicia en materia de supervisión técnica e tramitación ambiental e administrativa de proxectos nas provincias de Ourense e Pontevedra.

c) CPV: 71311100-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia n.º 117.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 20 de xuño de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.340.892,56 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe base: 670.446,28 euros. Importe total: 670.446,28 euros+120.680,33 euros (IVE)= 791.126,61 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de novembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 2 de xaneiro de 2012.

c) Contratista: UTE Ingeniería del Noroeste, S.L.-Ambiotec, S.L. (UTE Inor-Ambiotec).

7. Importe ou canon de adxudicación. Importe base: 557.476,32 euros. Importe total: 657.822,05 euros (IVE incluído).

a) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa técnica e economicamente.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2012.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia