Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 22 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada que se indica no anexo o requirimento previo á execución forzosa da resolución administrativa sancionadora ES-P-0006/09.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o requirimento previo á execución forzosa da resolución administrativa sancionadora.

Pontevedra, 22 de decembro de 2011.

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: ES-P-0006/09.

Nome: César Cancelas Currás.

Enderezo: rúa Caiagua, 140, Meira, Moaña, Pontevedra.

Asunto: requirimento previo á execución forzosa da resolución administrativa sancionadora.

Contía: 601,02 euros.