O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolve dar publicidade á formalización da seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Número de expediente: OH088314SV.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://augasdegalicia.xunta.es/gl/contratacion.htm
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servizos.
b) Descrición do obxecto: o apoio técnico á dirección dos traballos de acondicionamento, mantemento e conservación do dominio público hidráulico das bacías Galicia Costa.
c) CPV: 71300000-1.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia n.º 139.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 20 de xullo de 2011.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado do contrato: 409.263,51 euros.
5. Orzamento base de licitación. Importe base: 338.710,18 euros. Importe total: 338.710,18 euros+60.967,83 euros (IVE)= 399.678,01 euros.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 22 de novembro de 2011.
b) Data de formalización do contrato: 2 de xaneiro de 2012.
c) Contratista: Singla Ingeniería, S.L.
7. Importe ou canon de adxudicación. Importe base: 298.065,01 euros. Importe total: 351.716,71 euros (IVE incluído).
a) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa técnica e economicamente.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2012.
Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia