Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3815

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chandrexa de Queixa

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 23 de decembro de 2011, adoptou, entre outros e por unanimidade dos membros presentes da Corporación, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións, redactado por Aurelio Outeiriño Fernández e Alberto de Paula Prieto, arquitectos, coa modificación da ordenanza 2.ª «equipamento asistencial público».

Réxime de recursos: este acto pon fin á vía administrativa e contra el poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se notifique, conforme o establecido nos artigos 52 da Lei 7/1985, do 2 de abril, 194 e concordantes do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, así como os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo. Previa e potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes. Tamén se poderá interpor o recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da dita lei, nos prazos establecidos no número 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formular a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1 e 105.2 da dita lei.

Con data do 11 de xaneiro de 2012 recibiu o expediente a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Chandrexa de Queixa, 11 de xaneiro de 2012.

Francisco Rodríguez Rodríguez
Alcalde presidente