Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3814

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 41-42 do parque empresarial da Trabe.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria realizada o 29 de novembro de 2011, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle, promovido por Ortegal Laboratory, S.L., co obxecto de definir a ordenación de volumes correspondentes á agrupación das parcelas 41-42 do parque empresarial da Trabe (Cedeira), redactado por M.ª Victoria Garro Novillo e visado polo COAG na data 2.9.2011.

Este acordo supón o levantamento da suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo estudo de detalle.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 14 de decembro de 2011, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dándolle traslado, así mesmo, de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con todos os planos e os documentos que o integran debidamente dilixenciados pola secretaria do concello.

Contra este acordo plenario, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse de xeito previo e potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Pleno do Concello de Cedeira, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Cedeira, 15 de decembro de 2011.

Leopoldo Rubido Ramonde
Alcalde