Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3816

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de mecanizado de aceiro.

Tratadie, S.L. solicitou nesta Alcaldía licenza municipal para apertura dunha actividade de taller de mecanizado de aceiro, situada nas parcelas P-8 e P-9 do sector IV, polígono industrial Río do Pozo, cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar, poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 5 de decembro de 2011.

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral