Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3765

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de seis postos de condutor/a de instalacións (CM-03/2011).

Convocada pola Resolución CM-03-2011, do 29 de abril (DOG número 114, do 15 de xuño de 2011), a provisión de seis postos de condutor/a de instalacións, polo sistema de concurso de méritos, esta xerencia, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuidas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG número 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG número 119, do 15 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 3 de xullo de 2009 e pola Orde do 28 de setembro de 2011.

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión seis postos de conductor/a de instalacións, realizada mediante Resolución CM-03-2011, do 29 de abril (DOG número 114, do 15 de xuño de 2011).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, ás persoas relacionadas no anexo a esta resolución.

Terceiro. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 26 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG número 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra esta presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación.

Ferrol, 23 de decembro de 2011.

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

1. Posto de traballo: condutor/a de instalacións.

Nome e apelidos: Tizón Crespo, Amancio.

DNI: 32606952-J.

2. Posto de traballo: condutor/a de instalacións.

Nome e apelidos: López Teijeiro, Avelino.

DNI: 32655091-J.

3. Posto de traballo: condutor/a de instalacións.

Nome e apelidos: Blanco Sánchez, José Emilio.

DNI: 52440194-X.

4. Posto de traballo: condutor/a de instalacións.

Nome e apelidos: López Vázquez, Luís.

DNI: 76328738-H.

5. Posto de traballo: condutor/a de instalacións.

Nome e apelidos: López Díaz, Arturo.

DNI: 32600999-V.

6. Posto de traballo: condutor/a de instalacións.

Nome e apelidos: Lamas Novo, José Manuel.

DNI: 32610549-E.