Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3763

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a da área funcional de Calidade e Xestión de Procesos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Convocada por Resolución 3/2011, do 12 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 14 de outubro), a provisión do posto de supervisor/a da área funcional de Calidade e Xestión de Procesos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a da área funcional de Calidade e Xestión de Procesos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, convocado por Resolución 3/2011, do 12 de setembro (Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 14 de outubro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, á persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza de-sempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e Lei 25/2009, do 22 de decembro.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2011.

Rosa Bermejo Pareja
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto: supervisora da área funcional de Calidade e Xestión de Procesos.

Nome e apelidos: Marta Conde García.

DNI: 33299148-R.