Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3767

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública (CM-02/2011) para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe de equipo de mantemento de persoal de xestión e servizos.

Convocada pola Resolución n.º CM-02/2011, do 29 de abril (DOG n.º 114, do 15 de xuño), a provisión dun posto de xefe de equipo de mantemento de persoal de xestión e servizos, polo sistema de concurso de méritos, esta Xerencia de Xestión Integrada, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuidas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e pola Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 15 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 3 de xullo de 2009 e pola Orde do 28 de setembro de 2011,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de equipo de mantemento de persoal de xestión e servizos, realizada mediante a Resolución n.º CM-02-2011, do 29 de abril (DOG n.º 114, do 15 de xuño).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 26 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 23 de decembro de 2011.

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: xefe de Equipo de Mantemento.

Nome e apelidos: Tizón Crespo, Amancio.

DNI: 32606952-J.