Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3527

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (50/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 50/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bruno López Expósito contra a empresa Lexx Revestimientos y Aislamientos, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido que, estimando a demanda formulada por Bruno López Expósito contra a empresa Lexx Revestimientos y Aislamientos, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 4.464,1 euros, á cal será de aplicación unha recarga por mora do 10% anual. Todo iso, sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial lle corresponda asumir dentro dos límites legais».

E para que sirva de notificación en forma a Lexx Revestimientos y Aislamientos, S.L., expido e asino este en Lugo o trinta de decembro de dous mil once.

O secretario xudicial