Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3528

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (363/11)

Francisco José Camino Suárez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, por substitución regulamentaria, fago saber que no procedemento de seguridade social 363/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Regos Castelos contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e o Colegio España, sobre seguridade social, ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o trinta de decembro de dous mil once.

Vistos por Sonia María Cartamil Obelleiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, estes autos de xuízo n.º 363/2011 seguidos por instancia de Ana María Regos Castelos, asistida polo letrado Evaristo Corujo Martínez, contra o Instituto Social da Mariña e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ambos asistidos pola letrada Ana Pardo Costas, e contra o Colegio España, en rebeldía procesual; a litis versa sobre base reguladora de pensión de xubilación.

Decido que debo estimar e estimo la demanda formulada por Ana María Regos Castelos, asistida do letrado Evaristo Corujo Martínez contra o Instituto Social da Mariña e a TXSS, asistidos pola letrada Ana Pardo Costas, e contra o Colegio España, en rebeldía procesual, e en consecuencia, debo declarar e declaro que debe computarse para efectos de cálculo da pensión de xubilación da demandante o período comprendido entre o 15 de setembro de 1970 e o 30 de xuño de 1979, con dereito a percibir a base reguladora da pensión de xubilación que ascende a 2.054,78, cunha porcentaxe do 92%, e condeno os demandados a estar e pasar pola dita declaración, e a que, con efectos do 17 de setembro de 2010, aboen a prestación correcta en contía e forma regulamentaria, cos aumentos melloras e revalorizacións que correspondan, debendo o INSS anticipar as ditas prestacións co límite do artigo 126.3 LXSS, todo iso sen prexuízo da responsabilidade proporcional do Colegio España correspondente ao incumprimento en materia de cotización, que se levou a cabo ao longo do período computable, e con responsabilidade subsidiaria da TXSS en canto ás cotizacións.

Advírtolles ás partes que:

– Contra esta sentenza poden anunciar recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e por conduto deste Xulgado do Social número 3 no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza.

– Nese momento deberán designar letrado ou graduado social colexiado que se encargará da súa defensa na tramitación do recurso que anuncia.

– No caso de que quen pretendese interpoñer recurso non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou non gozase do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, no momento de anunciar o recurso e no prazo de cinco días sinalado, consignar a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade no que se faga constar la responsabilidade solidaria do avalista na clave de expediente 5076 0000 65 0363 11; e que, no momento de formalizar o recurso de suplicación, deberá xuntar xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade de 150 euros, na conta deste órgano xudicial, expediente 5076 0000 34 0363 11, aberta no Banco Español de Crédito, co número 0030-1846-42-0005001274, debendo facer constar no campo observacións a indicación de depósito para a interposición de recurso de suplicación».

E para que sirva de notificación ao Colegio España, expídese este edicto.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial