Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (82/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 82/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de la Luz López Vicente contra a empresa Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa María de la Luz Vicente Noya-Peluquería Lucita, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, desestimando a demanda formulada por María de la Luz López Vicente, con DNI 34893682Z, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e a empresa María de la Luz Vicente Noya-Peluquería Lucita, debo declarar e declaro que esta non procede, e absolvo as entidades demandadas das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contado desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da LPL, pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e procederase ao seu arquivo.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a María de la Luz López Vicente, en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de decembro de 2011.

O secretario xudicial