Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3524

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (842/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 842/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Rodríguez Mantiñán contra a empresa Manipulados Hércules, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada por José Manuel Rodríguez Mantiñán, con DNI 32784534-N, contra a empresa Manipulados Hércules, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento do 2.7.2011, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante coa empresa demandada, con efectos da data de hoxe, día 26.12.2011, e condeno a dita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios de trámite 3.7.2011/26.12.2011

37.389,38 € (862,5 días × 43,35 €)

7.672,95 €

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditalo mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60) na conta deste xulgado. A consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Débese acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 65) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para interpoñer recurso; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Manipulados Hércules, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de decembro de 2011.

O secretario xudicial