Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3518

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (675/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 675/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando de Valenzuela Bandin contra a empresa Dygra Films, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada por Fernando Valenzuela Bandín, con DNI 44808825-H, contra a empresa Dygra Films, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento do 20.5.2011, e condeno a demandada a estar e pasar por tal declaración, e a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización cifrada en 20.997,9 euros; ademais, calquera que sexa o sentido da opción, a demandada terá que aboarlle ao demandante unha cantidade igual á suma dos salarios deixados de percibir, a razón de 88,88 €/día, desde a data do despedimento ata a notificación desta sentenza, ou ata que encontrase outro emprego, se tal colocación fose anterior á sentenza e o empresario probase o percibido para o seu desconto dos salarios de tramitación.

De non optar expresamente, enténdese que o fai pola readmisión.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditalo mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60) na conta deste xulgado. A consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Débese acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 65) a consignación da suma de 150,25 euros preceptivos para interpoñer recurso; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dygra Films, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de decembro de 2011.

O secretario xudicial