Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3516

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (158/2010).

En virtude do acordado nos autos da referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por este edicto notifícase a Juan Antonio Cordero Rodríguez a sentenza ditada nos presentes autos, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor:

«Sentenza n.º 86/2011.

Betanzos, 13 de setembro de 2011.

Vistos por Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 dos desta localidade, que asume a proposta de resolución formulada pola xuíza en prácticas Cristina Díaz Rodríguez, os autos de xuízo de faltas sobre falta de respecto a axentes da autoridade e lesións, nos cales son partes, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciantes-denunciados os axentes da Garda Civil con carné profesional TIP D49211J e D39706A, ben como Juan Antonio Cordero Rodríguez.

Decido.

Condeno a Juan Antonio Cordero Rodríguez como autor dunha falta do artigo 634 do Código penal á pena de multa de trinta días de duración cunha cota diaria de seis euros, pagadoira nun único prazo dentro dos 15 días seguintes a aquel en que se efectúe o requirimento para o seu aboamento, cunha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, todo iso con imposición da metade das custas se as houber.

Declaro absoltos os gardas civís con carné profesional TIP D49211J e D39706A da falta de lesións denunciada por Juan Antonio Cordero Rodríguez, todo iso con declaración de oficio da metade das costas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, por medio de escrito fundamentado e sinalando domicilio para as notificacións, recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, prazo durante o cal quedarán as actuacións na secretaría ao dispor das partes».

E para que conste e sirva de notificación en forma a Juan Antonio Cordero Rodríguez, expido e asino o presente edicto en Betanzos o dous de xaneiro de dous mil doce.

O/a secretario/a xudicial