Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3515

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (297/2011).

José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, mediante este edicto, anuncio que no procedemento verbal sobre garda e custodia e alimentos n.º 297/11, seguido por instancia de Sandra Patricia Salinas Arias fronte a Pablo Fernando Arciniegas Solano, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Resolución.

Acordo atribuír a garda e custodia das menores Luisa Fernanda, Valentina e Elizabeth Arciniegas Salinas a súa nai, Sandra Patricia Salinas Arias.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial».

E, encontrándose o demandado Pablo Fernando Arciniegas Solano en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 27 de decembro de 2011.

O secretario xudicial