Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3514

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (625/2010).

Carlota Fernández Ambrós, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos de xuízo ordinario tramitados por este xulgado baixo o número 625/2010, recaeu sentenza cuxa parte dispositiva e resolución dispoñen o seguinte:

Na Coruña o 24 de novembro de 2011. Vistos por M.ª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, os autos de xuízo ordinario n.º 625/2010, seguidos en virtude de demanda presentada pola procuradora dos tribunais Sra. Pita Urgoiti, en nome e representación de Banco de Santander, S.A., baixo a dirección letrada de Jorge Castro Díaz, fronte a Mauricio Gastón Mora Cueva, en situación procesual de rebeldía, vistos os seguintes:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Pita Urgoiti, en nome e representación de Banco de Santander, S.A., fronte a Mauricio Gastón Mora Cueva, en situación procesual de rebeldía, e debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de 10.319,70 euros, máis os xuros de demora pactados ao tipo do 25%, e devengados desde o 1.9.2009 e ata o completo pagamento do principal. Todo iso con imposición ao demandado das custas causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de apelación ante este tribunal dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación, debendo expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.1 e 2 da LAC, en redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). Así mesmo, deberá acreditar ter consignado o depósito de 50 euros na oportuna entidade de crédito e na conta de depósitos e consignacións aberta a nome do xulgado, conforme establece a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial».

E para que conste e a súa notificación na forma prevista no artigo 497 da LAC ao demandado Mauricio Gastón Mora Cueva, cuxo actual paradoiro resulta ser descoñecido, expido e asino este edicto na Coruña o 30 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial